Framacalc

Comparte as túas follas de cálculo e traballade xuntos!

  • Guía

Que é isto?

Un «calc» é unha folla de cálculo colaborativa en liña. Os teus datos gárdanse automaticamente en Internet e os teus amigos poden colaborar no documento ao mesmo tempo (só tes que darlles o enderezo).
Consulta todos os cambios en tempo real!

Traballade xuntos nos vosos inventarios, enquisas, contido, xuntanzas e outras moitas cousas!
Queres unha demostración?

Características principais

  • Edición colaborativa en tempo real
  • Copia de seguridade permanente e automática
  • Historial
  • Anotacións de celas
    • Moitas funcións dispoñíbeis (estatística, financeira, matemáticas, texto, etc.)
  • Gráficos básicos (histograma, liñas, puntos)
  • Exportación HTML ou CSV

Limitacións

Framacalc ten algunhas limitacións:

  • os «calc» elimínanse após 335 días de inactividade (sen acceso, sen modificación), para evitar o crecemento da nosa base de datos indefinidamente.
  • só poden conter un máximo de 100,000 filas
  • non é posible crear «calc» de varias follas nin importar ficheiros OpenDocument ou Microsoft Office
  • por motivos de seguridade, non podemos eliminar «calcs» a simple solicitude

Este servizo ofrécese suxeito á aceptación das nosas condicións xerais de uso e pode ser moderado segundo a nosa carta de moderación.

Framacalc, un dos varios proxectos

Framacalc, unha ferramenta emancipadora

A economía da túa atención

Framacalc é de balde, sen anuncios nin trampas para clics. O noso obxectivo é aloxar unha ferramenta ao teu servizo e non ao revés.

Ao contrario do adaxio, aquí, ti non es o produto.

O control dos teus datos

Framasoft recompila a menor cantidade de datos posíbel.

Tes total autonomía respecto diso.

Non temos interese ningún en rastrexar o teu comportamento nin en explotalo.

Respectando as túas liberdades

Framacalc baséase nun software libre¹. O seu código é transparente, auditábel publicamente e non ten ningunha característica agochada.

Está feito pola comunidade, e quen queira e libre de duplicalo ou bifurcalo e desenvolver un proxecto cun novo enfoque.

¹ Ethercalc – Liceza CPAL

Framacalc é unha instalación do software libre Ethercalc nos servidores txt.soft. A súa licenza libre permite estudar o seu código, melloralo e instálao no teu propio servidor.

Por que ofrecer Framacalc?

Usar Framacalc é o primeiro paso no camiño cara á túa autonomía dixital.

Confiar os teus datos a un aloxamento implica ter razóns para confiar nel. Framasoft comprométese con condicións claras¹ para aloxar servizos con respecto pola túa integridade.

consulta as nosas Condicións de uso e a nosa directiva

Crear un ecosistema resiliente

Framasoft é un dos moitos actores que ofrecen servizos en liña aloxados cunha forte ética, co obxectivo da descentralización.

Para dar un paso máis na túa emancipación dixital, atopa o mesmo servizo aloxado preto de ti por un dos membros do Colectivo de hospedadores independentes, transparentes, abertos, neutrais e éticos: os CHATONS!

Achegar ao común dixital

Detrás dun servizo como hai unha proposta política: explorar unha alternativa ao capitalismo de vixilancia experimentando cunha sociedade da colaboración.

Ao ofrecer usos, comentarios e achegas a Ethercalc, participamos no mantemento da vitalidade dun recurso común.

Quen está detrás de Framacalc?

Framacalc é ofrecido por unha asociación francesa sen ánimo de lucro: Framasoft

Creada en 2004, a asociación agora dedícase á educación popular sobre os retos da era dixital e dos bens culturais. A nosa pequena estrutura (35 membros, incluíndo 10 empregados) é coñecida como o proxecto Desgooglicemos Internet (26 ferramentas en liña éticas e alternativas) e polo desenvolvemento de PeerTube, Mobilizon, etc. Recoñecida como de interese xeral Framasoft está financiado nun 96% por medio de doazóns, que son deducíbeis de impostos para os contribuíntes franceses.

Support Framasoft

Because freedom doesn’t mean it’s free…

Framasoft is a not-for-profit which can only keep running thanks to your donations. Do you like what we do? Do you think we’re going in the right direction? If so, and you’re able to make a donation, we’d very much appreciate it!

Balloon: Flaticon

1. Give to Framasoft

2. Complete your information

I represent

In France, thanks to the tax deduction of 66%, your donation of €20 will cost you only €7.

3. Make the payment

Questions

  • Recurring donations can be stopped anytime, just ask us.
  • If you want to modify your recurring donation, please contact us, we will stop the current one and you will be able to make a new one.
  • Tax receipts (in France only) are sent by postal mail in March/April 2026 (before tax declaration) for 2025 donations
  • Financial and activity reports can be found on the not-for-profit page
  • If you have more questions, you may find answers there